Décimo partido preparatorio que se salda con vitoria a domicilio
Visitamos o xoves o municipal nunha tarde noite seca pero fría. Comezaba o equipo visitante apretando a saída do balón do equipo rival que tentaba saír xogando, e que facían que o partido fose aberto e divertido.
Os dous equipos trataban de xogar, pese a ser un campo que dificulta ese modelo de xogo polas súas reducidas dimensións. Despois dalgún que outro achegamento á área rival tivo que ser de libre directo , preto da área , o gol visitante roldando o minuto 20.
Seguiu o equipo de Ames tentar saír xogando e os de Teo presionando esa saída , xerando algunha chegada máis. O Bertamiráns trataba de facer o mesmo en área contraria cando era o Praiña o que tentaba xogar en curto.
Así , con algunha que outra ocasión para ambos chegamos ao descanso O Praiña tiña poucos efectivos neste día e paso a xogar de defensa de 4 a segunda parte , saíndo de tres como o Bertamiráns, que non cambiou o seu debuxo tras o descanso. Estivo vivo e divertido tamén a segunda parte con algún achegamento á área , sobre todo algún máis polo conxunto de Teo.
Bo ambiente nas bancadas e cordialidade no terreo de xogo o que propiciou un bo partido que serve ao noso equipo para seguir coa recta final da preparación para o día do 10 de outubro que visitaremos en Campo de Agolada en inicio do campionato de Liga.