#aívenopraíña  #sempreJuan

Partido correspondiente a xornada 9, que enfrontaba o equipo de Reis contra o Unión de Rianxo


Comezaban os minutos de tanteo nun partido que a priori sería igualado dado que os dous conxuntos están na parte alta da clasificación e viñan ambos de perder os enfrentamentos o pasado finde.

Era o equipo de Reis o que trataba de conseguir chegar a área rival , cando despois dun saque de esquina Levis remataba ó fondo da rede, logo dun atinado testarazo.

O Praiña seguía procurando aumentar a vantaxe e dominaba o partido sen demasiados chegadas claras ao igual co seu rival.

Foi nunha falta moi protestada por os locais pegada o banderín de córner, cando no ultimo minuto da primeira metade igualaba o conxunto de Rianxo. Parecía demasiado castigo chegar o descanso igualados a 1 tanto.

A segunda metade apretaba e trataba de chegar o Rianxo sendo mellor nos primeiros minutos do segundo tempo.

Poucas ocasions houbo para ambos conxuntos , e as chegadass eran de córners ou faltas colgadas.

Nos últimos minutos duas chegadas de perigo , un remate raso do equipo visitante e un certero cabezazo de Javi que o porteiro visitante atallou abaixo.

Chegaba a polêmica no minutos finais cando o Praiña protestaba unha posible mano na área rival, quentando o ambiente na ateigada grada de Reis.

Reparto de puntos e o vindeiro mercores visitaremos Lalín

 

Categorías: Novidades