Penúltimo partido da primeira volta para o Feminino que remata con derrota (0-1)
Moita igualdade no encontro que se disputou na Cañoteira a tarde do sábado, enfrontando ó Praíña e ó Victoria.
Tras dispoñer de ocasións por parte de ambos conxuntos e con máis posesión por parte do Victoria, a primeira parte remata 0-0.
Xa na segunda, a mesma tónica, ningún equipo mostra síntomas de debilidade nin acerto en finalizar pero unha falta ó borde da área a favor do Victoria é transformada de forma directa para poñer o definitivo 0-1.
Despois de dúas semanas sen competición, xogarase o último partido da primeira volta contra o Cerqueda.
Primeira xornada da segunda volta na tarde soleada de onte en Reis (1-3)
Viña o Praiña de mala dinámica e quería revertir a situación pero non foi quen de logralo.
A primeira parte amosouse aberta, ambos conxuntos rondaban o campo rival e trataban de dominar.
Por fases o Praiña xogaba millor e comezaba a crear peligro. Tras un gran centro de Denis Mata dende a dereita, Viti facía o primeiro para os locales logo dun gran testarazo en plancha, 1/0.
Antes do descanso chegaba o empate do Agolada o que parecía un excesivo castigo para o visto nos primeiros 45 minutos.
E acto seguido, e onde se sucedían os millores minutos do Praíña, Sebas goza dunha gran oportunidade na área pequena, tras fermoso centro de Gato, que non acerta a comvertir entre os tres paus.
Na reanudación, os locais pareceron quedar nas casetas. A intensidade dos visitantes facíaos visibles por todo o terreo de xogo.
Así pois, e logo dunha perdida de balón en medio campo , o xogador visitante Joel ve adiantado a Luis e dende a medular.
Xarro de auga fría que facia que o conxunto de Reis non se metese mais no partido
Antes do remate chegaba un derribo co hombro dun defensa local que o árbitro pita penalti, o que parece un excesivo castigo. Anota o Agolada o 1/3 definitivo.
Chega o paron , toca recuperar os lesionados, é adestrar ben para volver a xeira da victoria canto antes.