#aívenopraíña  #sempreJuan

O derbi do Ulla quedou desta volta no Juan Amado

Visitaba o Val do Ulla o recinto praiñista cunha carreira parecida os de Reis no que a puntos na táboa de clasificación se refire. 18 para eles, 19 para o Praiña comandado polo mitser Pika nun partido, a priori, que se antoxaba moi desputado, como así resultaría.

 O partido tivo dúas partes ben diferenciadas.

Na primeira, o peso foi levado polo equipo local, metáde na que gozou de máis dominio dos tempos do xogo e onde gozou con claras ocasións de gol de FER, JACOBO, JOAO ou PICHY para ir ó tempo de lécer con máis vantaxe no marcados, marcador que se moveria ben cedo, minuto 4´, cun testarazo ás mallas de LEVIS tras un centro lateral. 1-0.
Namentres, o equipo da Ulla amosaba perigo con xogadas a balón parado dende os saques de curruncho ou de faltas laterais, gozando tamén dunha boa xogada de Christian por banda esquerda que non era quen de atopar rematador tras un bo centro.
Tralo descanso, e de novo nos primeiros minutos de xogo, conseguía o Praíña aumentar a súa vantaxe cun fermoso gol. JACOBO recollía un bo centro de JOAO dende a dereita, encaraba ó defensor hacia dentro e colocaba o balón ó pau longo, lonxe dos dominios do porteiro visitante Santi Solar, no que sería un gol fermoso para delicia dos xiareiros locais. Minuto 50`, 2-0.
O que parecía un gol de tranquilidade, o que parecían uns aires que semellaban cantos de serea nas ribeiras do Ulla ó seu paso por Pontevea, convertéronse nunha ventisca azulona que colleu folgos e comezou a cercar área praiñista e a meta de porteiro local LUIS; o encontro embarullábase , comezaba a ser un partido de moito máis contacto físico, sobre todo na medular, un encontro moito máis comandado polas disputas e polo físico e o Val do Ulla comezaba a ter máis presenza na área rival e a inquedar á parroquía praiñeira con achegamentos moito maís perigosos.
Froito deste empuxe sería o gol do cadro visitante que convertía no minuto 71´Pablo Neira, xogador moi activo durante todo o encontro,  e que achegaba ós homes do mister Manu Neira no marcador 2-1.
Partido no que o Praíña dou  sensacións de poder ter moita máis tranquilidade no que ó resultado se refire cunha primeira metáde que tivo ben controlada e onde xerou moitas ocasións de gol despregando un fútbol asociativo que lle daba fluidez ó seu xogo, e cunha segunda metáde na que rematou sufrindo pero soubo aguantar as acometidas do equipo da Ulla con rápidas contras e balóns laterais colgados á area.
Victoria na casa, triunfo  no Juan Amado que non se acadaba dende a visita da SD Cruces en outubro de 2021 e tres puntos que dan confianza para rematar a fase regular ante un rival directo e afrontar os tres partidos que restan ante Unión de Asados, Lalín e Flavia, tres candidatos á entrar na fase de ascenso ós que non lle poremos as cousas nada fáciles.
Domingo visitamos o Campo de Vilas onde nos agarda o LÍDER con maíusculas deste grupo con 33 puntos, o CD UNIÓN.
AÍ VÉN O PRAÍÑA!!!
Categorías: Novidades