#aívenopraíña  #sempreJuan

6º Xornada da Liga Feminina

Partido moi bonito de ver no Eleuterio Balayo nunha tarde de brétema e orballo.

Comezaba o Praíña dominando a través da posesión do balón e xerando múltiples ocasións que non chegaba a convertir en goles.

As locais dispuxeron dun par de situacións perigosas ó contraataque que tampouco conseguiron acertar.

Chegouse ó descanso coa sensación de que o Praíña merecía máis pero a E.D. Miudos era un equipo moi moi rocoso e difícil de superar.

Xa na segunda parte, no minuto 63, cos dous equipos arriscando e buscando o gol que os puxera por diante, unha boa xogada elaborada no medio do campo, conecta con María, e tras regatear á porteira, finaliza case sen ángulo para facer o primeiro.

As locais viñéronse arriba e comezaron a crear moitas ocasións para intentar empatar o partido pero o Praíña conseguiu aguantar e no minuto 77, conseguiría Vanesa con un tiro desde longa distancia bater á porteira local e poñer o definitivo 0-2.

Partido con moi boas sensacións para o Praíña contra un rival duro e complicado que puido merecer algo máis.

 

 

Derrota na 8º xornada da Liga Senior ante Val do Ulla

Partido difícil o de onte no coto

Cambia o Praiña o sistema para tratar de xogar aproveitando as pequenas dimensiòns do campo o ancho. Non funcionaba, o partido comezaba con mal pe para o Praiña xa que pronto encaixaría o primeiro.

Sacaba Fer unha falta lateral e Sebas picaba cun certero cabezazo no que era o 1 a 1.
O val do Ulla Moi ben plantado atrás e saindo con profundidade polas bandas era un continuo peligro, así conseguíria 2 goles mais, é con outro a balón parado se chegaba o descanso cun abultado pero merecido 4-1

Logo do descanso no Praiña faria cambios de xogadores e de sistema para intentar acercarse no marcador, e asi era cando Adrian Gómez botaba unha falta e seu tocayo Carabán remataba o fondo da red.

Tratouse de apretar e intentar algún gol mais que acercara o equipo de Teo o marcador pero defendía ben o Val do Ulla e asi se chegaba o final do partido no que era a primeira derrota na liga do Praiña , que onte foi xustamemte e claramente superado

 

 

 

 

Categorías: Novidades