#aívenopraíña  #sempreJuan

Dentro do Programa XOGADE promovido pola Xunta de Galicia, o Praíña Sp.C desenvolveu a actividade «Coñece o meu clube» no centro CEIP Manuel Paramá Villar, onde @s nen@s desfrutaron exercitándose como inmersión ao deporte cos obxectivos de impulsar a función integradora e cohesión social, e fomentar a práctica deportiva . O Praíña segue adiante co seu Plan Estratéxico exercendo como motor deportivo e sociocultural no Val do Ulla e na súa contorna.
Queremos resaltar o Val de Vea como unha terra onde numerosos deportistas e colaboradores formaron e forman parte do clube. Grazas veciñ@s, sen vós non sería posible!

Agradecer ao centro a súa gran acollida e que aposten por este tipo de iniciativas e por entidades como as nosas!


Praíña Sporting Club Coñece o teu clube
Categorías: Novidades