#aívenopraíña  #sempreJuan

O Praíña Sporting Club de Teo xunto a produtora Abella Creativa e co patrocinio de Pernas Multicentro, tralo éxito da primeira iniciativa, organiza a segunda edición de Pernas con Letras, unha actividade lúdico-recreativa orientada a potenciar o acervo cultural da nosa terra a través do deporte. A actividade terá lugar na Área Recreativa da Burga (Pontevea, Teo).

letras galegas praiña pernas

Día das Letras Galegas

O evento comezará ás 10.45h na Área Recreativa da Burga, en Pontevea. Este martes 17 de maio, Día das Letras Galegas e o o obxectivo é combinar deporte e literatura para os máis cativos dun xeito ameno e didáctico.

Conformaránse dous grupos dun máximo de 30 rapaces-as (poden estar acompañados
por un pai-nai-titor) de entre 6 a 12 anos de idade.

A actividade consistirá na búsqueda do tesouro (en honor a Florencio Delgado Gurriarán), na que os participantes deberán atopalo seguindo unha serie de pistas marcadas nun mapa.

A inscrición estará aberta ata o domingo 15 ás 23.59 horas.

 

Formulario de inscrición

 

Categorías: Novidades